Vilagarcía opta a manter o galardón das tres flores no concurso Vilas en flor

La Voz VILAGARCÍA / LA VOZ

AROUSA

CEDIDA

29 oct 2024 . Actualizado a las 05:00 h.

Cada ano, a Fundación Juana de Vega recoñece as iniciativas dos concellos en materia medioambiental nas contornas urbanas. Na edición anterior do certame Vilas en flor, Vilagarcía logrou por primeira vez a distinción de tres flores, dentro das catro que é posible acadar. Un galardón ao que o Concello opta agora de novo.

O concurso vaise fallar en novembro en Salvaterra de Miño, e dous membros do xurado foron recibidos xa na cidade polos concelleiros de Servizos e Medio Ambiente, e a responsable de Parques e Xardíns. Trátase dun histórico viveirista Manuel Fontán, do Centro de Xardiñería Xesteiriña de Sanxenxo e da empresa Xenebro, do Grove, e do enxeñeiro técnico agrícola Amancio Lavandeira, profesor de paisaxismo e medio rural na Escola de Fonteboa.