Jéssica Bouzas estrea mellor ránking a dous días de acudir coa selección á Billie Jean King Cup
AROUSA
A vilagarciá está xa recuperarada das molesitas nas costas que a obrigaran a retirarse a semana pasada en China
05 nov 2024 . Actualizado a las 05:00 h.Jéssica Bouzas Maneiro viaxará mañá desde Madrid, a súa base de operacións desde hai dous anos, a Málaga para incorporarse á selección española de tenis feminino que a partir do día 13 disputará a fase final da Billie Jean King Cup na cidade andaluza.
A vilagarciá, que a semana pasada tivo que retirarse do terceiro e derradeiro torneo da súa xira asiática sobre pista dura cando perdía na segunda rolda do cadro individual 6-2 coa suíza Viktorija Golubic, vencedora final do WTA 250 de Jiujiang (China), atópase plenamente recuperada dos seus problemas físicos, informan desde o seu equipo.
A incorporación de Jéssica Bouzas ao combinado que capitanea Anabel Medina e que liderará na cancha Paula Badosa, actual número 11 do ránking mundial, coincide coa ascensión da tenista galega á súa mellor posición no circuíto do tenis feminino profesional, no que loce desde o luns o posto número 55. Ránking que a converte na número 2 da selección española na Billie Jean King Cup.