O comercio local de Vilanova distribuirá dez mil euros entre os seus clientes polo Nadal

La Voz VILANOVA / LA VOZ

AROUSA

CEDIDA

A campaña de rasca e gaña desenvolverase entre os días 9 de decembro e 5 de xaneiro

07 nov 2024 . Actualizado a las 05:00 h.

O director xeral de Comercio e Consumo da Xunta, Gabriel Alén, participou onte na presentación da campaña Nadal en Vilanova: merca, rasca e gaña, que organiza a Asociación de Comerciantes de Vilanova. A iniciativa vaise desenvolver entre os días 9 de decembro e 5 de xaneiro co obxectivo de dinamizar o pequeno comercio.

En compaña do alcalde, Gonzalo Durán, Alén animou os establecementos da contorna a adherirse á campaña, que acada xa a súa quinta edición co gallo de beneficiar o tecido comercial nunha tempada especialmente sensible para as compras.

Rasca e gaña distribuirá dez mil euros en rascas que conteñen premios de 5, 10, 20, 50, 100, 200 e 300 euros e poderán ser aproveitados como descontos na rede de establecementos participantes. Tamén haberá sorteos e promocións.