O Open McDonalds porá fin ao ano no xadrez galego con 250 xogadores en acción
VILAGARCÍA / LA VOZ
AROUSA
A cita desenvolverase o sábado no auditorio municipal de Vilagarcía
14 nov 2024 . Actualizado a las 20:01 h.O auditorio municipal de Vilagarcía encheráse este sábado con arredor de 250 xogadores. Esta é a cifra de participación no XVI Open McDonalds que calcula o C.X. Fontecarmoa, o organizador da cita que pon punto final á temporada galega de xadrez da man da Fundación de Deportes de Vilagarcía e da empresa que lle dá nome ao torneo. Cun cadro absoluto e os catro do Circuito Galego de Promoción, o evento contará con sete roldas de 11 a 14 e de 17 a 20 horas, nas que se decidirán os nomes dos gañadores das categorías sub 8, sub 10 e sub 12 tras 16 torneos puntuables.