30 nov 2024 . Actualizado a las 05:00 h.
Preto dun cento de persoas protestaron ás portas do consistorio do Grove polos despedimentos que se pretenden realizar no Balneario Isla de La Toja. Os traballadores foron apoiados pola veciñanza, tras pechar a empresa o período de consultas. A CIG denunciou o modus operandi da dirección e salientou que agora son os xefes de departamento os encargados do «traballo sucio». «Son eles os que están chamando aos seus compañeiros para ofrecerlle a proposta e pregúntalles que decisión van a tomar; é un abuso e un acto de covardía», din. Mañá sábado volverán facer ruído nunha manifestación (11 horas, dende o hotel). foto l.c.