As de Juan Manuel Costas si souberon desta volta manter a calma nos minutos decisivos e impoñerse a un rival moi esixente no seu feudo (33-38)
03 dic 2024 . Actualizado a las 05:00 h.A de Redondela é sempre unha visita que infunde o máximo dos respectos nas filas do Asmubal Meaño. E a SAR demostrou o pasado sábado o porqué. O conxunto meañés tivo que ofrecer a súa mellor versión para impoñerse 33-38 e, deste xeito, volver á senda do triunfo logo do pésimo final de partido que lle custara o liderado a semana anterior, na súa cancha fronte ao Balonmano Gijón.
Desta volta, as xogadoras de Juan Manuel Costas souberon manter a cabeza fría e, despois de ver voar seis tantos de vantaxe no minuto 20, aguantar os mellores momentos do seu rival no final da primeira parte e no inicio da segunda para dominar con pulso firme o treito final do choque. A nota negativa, a lesión nun ombreiro de Eli Méndez.
FICHA DO PARTIDO:
SAR RODAVIGO (33): Lucía Vázquez, Pexegueiro, Lucía Pérez (2), Ángela Oliveira (9), Ayude, Sandra Fernández (6), Alba Pérez (1), Cecilia, Goretti (7), Sara Vilaboa (2), Ángela Vilaboa (2), Crespo (4), Julia González, Sara López, Vilas e Solla.
INELSA SOLAR ASMUBAL MEAÑO (38): Nadia, Sineiro, Danilza (4), Sofía Arangio (5), Cárol Ferreira (5), Currás (1), Uxía, Guadalupe Larralde (1), Cores (2), Ballada, Eli Méndez (6), Laura Miniño (8), Paula Rey (5), Luna e Vanesa Domínguez (1).
MARCADOR CADA CINCO MINUTOS: 2-4, 4-7, 6-11, 9-15, 14-18, 18-19 (descanso); 21-22, 24-26, 26-28, 28-32, 30-35 e 33-38.
ÁRBITROS E EXCLUSIÓNS: Pablo Barreiro e Marcos Pérez. Sinalaron catro exclusións a xogadoras da SAR por tres do Asmubal.