Breogán anuncia a nova tirada do seu boletín Follas Culturais

l.c O GROVE / LA VOZ

AROUSA

04 dic 2024 . Actualizado a las 05:00 h.

O club Breogán publicou no mes de novembro un novo número do seu boletín Follas Culturais, no que recolle a historia do grupo de danzas e gaitas da entidade, de cuestións relativas á natureza como a importancia dos castiñeiros, de magostos, poesía e receitas, sen esquecer as súas habituais reseñas literarias.

A publicación, segundo explican dende o Breogán, contou coas colaboracións habituais de Mari Carmen Cacabelos, Lola A Meca, Queco Fresco, Iria Gondar e Silvia Domínguez, e con artigos que afondan na historia cultural da asociación da man de Juanma Figueiro e Juan José Caneda.