A CIG anuncia tamén unha nova concentración o sábado 7 ás portas do hotel
04 dic 2024 . Actualizado a las 05:00 h.O comité de empresa do hotel balneario da Toxa convocou onte cinco xornadas de folga en defensa do emprego para reclamar a retirada do ERE que pretende liquidar trinta e seis postos de traballo na illa. Serán os vindeiros 6, 7, 8, 10 e 12 de decembro, en plena ponte festiva da Constitución. A CIG, sindicato maioritario no comité do establecemento hoteleiro, sinalou onte que o modus operandi do Grupo Hotusa «é desfacerse do persoal que reclama lexitimamente os seus dereitos», comentan. Dende o sindicato advirten de que tras dar por rematada a negociación, «aumentaron a presión e as coaccións sobre os traballadores». O sindicato nacionalista anuncia tamén unha nova concentración o sábado 7 ás portas do hotel coincidindo coa segunda xornada de folga.