O PPdeG advirte de que a política de Sánchez prexudica ao Xacobeo 27 

La Voz CAMBADOS / LA VOZ

AROUSA

Membros da Comisión de Turismo do PP, este mediodía en Cambados
Membros da Comisión de Turismo do PP, este mediodía en Cambados MARTINA MISER

Os populares acusan ao Goberno central de «castigar» ao sector da hostalería co rexistro de viaxeiros

13 dic 2024 . Actualizado a las 17:20 h.

O Partido Popular de Galicia escolleu hoxe Cambados para celebrar a súa Comisión de Turismo e alertou de que «a incapacidade» do Goberno central para conseguir aprobar os Presupostos Xerais do Estado pon en risco que a declaración do Xacobeo 2027 como Acontecemento de Excepcional Interese Público non se faga realidade a tempo para lograr os obxectivos que se pretenden conseguir.

Neste sentido a secretaria xeral, Paula Prado, anunciou que a próxima semana os populares solicitarán, tanto no Parlamento galego como nas Cortes Xerais, que o Goberno central habilite, cos procedementos que sexan necesarios, que as empresas que desexen patrocinar actividades turísticas ao abeiro do Xacobeo 2027 o poidan facer xa a partir do 1 de xaneiro de 2025.

No encontro celebrado na vila do albariño tamén se falou das consecuencias que suporá para o sector turístico galego a implantación dun rexistro de viaxeiros. «É incomprensible que nun país no que o turismo é fundamental para a nosa economía o Goberno central insista en castigar e menosprezar ao sector turístico e en cargar sobre os seus profesionais a desproporcionada responsabilidade de xestionar datos tan completos e sensibles», explicou Prado ao tempo que cualificaba esta medida de «amago de Gran Hermano cutre co que Sánchez demostra novamente o escaso respecto que lle merecen os datos de particulares».

Prado pediu ao PSdeG que «deixe de branquear todo o que fai Sánchez aínda que sexa a costa de prexudicar os intereses dos galegos» e ao BNG, que «deixe de lado a súa turismofobia e, por unha vez, apoie á Galicia aberta e na que todos os visitantes recibidos».

En contraposición, o PPdeG anuncia que seguirá apostando por «un turismo con sentidiño e que achegue riqueza a Galicia» e lembra que os Orzamentos de 2025 destinan 146 millóns de euros á área de Turismo, incrementando esta partida en 1,3 millóns respecto a este ano.

A Comisión de Turismo dos populares tamén abordou a regulación das vivendas de uso turístico lamentando a «inacción do Goberno central sobre esta cuestión»