Un grupo de docentes de Chile coñecen a experiencia do CRA de Valga

La Voz VALGA / LA VOZ

AROUSA

CEDIDA

Están a participar nun curso de posgrado a Universidade de Santiago

24 ene 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

A rede de escolas rurais de Valga tense convertido nun referente internacional. Así o relata a súa directora, Antía Piñeiro, que este xoves recibiu a vinte docentes de Chile que están a participar nun curso de Posgrao da Universidade de Santiago. É o segundo ano que realizan a visita ás escolas de Valga como parte do programa deste curso. «O ano pasado viñeron comprobar como traballamos a educación emocional e, gustoulles tanto, que nesta ocasión tamén tratamos as metodoloxías innovadoras e a inclusión educativa».

Para a expedición chegada do país andino esta visita ao CRA representa «unha experiencia enriquecedora de intercambio cultural e educativo» na que os participantes teñen a oportunidade de coñecer de primeira man o modelo educativo do rural de Galicia.

O profesorado chileno puido interactuar co alumnado, explorar as estratexias innovadoras implementadas nas diferente escolas, coñecer como se integra a tecnoloxía e as metodoloxías educativas.