Regístrate gratis y recibe en tu correo las principales noticias del día

Sete empresas optan a renovar o firme de estradas en sete concellos do Salnés

La Voz VILAGARCÍA / LA VOZ

AROUSA

Os viais en cuestión son a PO-226, PO-303, PO-307, PO-308 e PO-550

30 ene 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

A Xunta anunciou onte que vén de recibir sete ofertas para a renovación do firme en cinco estradas autonómicas ao seu paso por once municipios do entorno de Pontevedra e a comarca do Salnés. O investimento total ascende a 3,3 millóns de euros, cun prazo de execución de nove meses. As estradas nas que se intervirá son a PO-226, PO-303, PO-307, PO-308 e PO-550, que discorren por Cuntis, Moraña, Barro, Poio, Sanxenxo, Meaño, Vilanova de Arousa, A Illa de Arousa, O Grove, Cambados e Ribadumia.

Os traballos incluirán a rehabilitación superficial do firme, coa reparación de zonas danadas mediante fresados localizados, a reposición dunha nova capa de rodadura e o selado de fisuras lineais con mestura bituminosa. Ademais, crearase unha nova rodadura mediante recrecemento do firme, garantindo así a seguridade viaria e a durabilidade do pavimento.

Traballo de mantemento

Esta iniciativa, explican fontes autonómicas, forma parte do compromiso do Goberno galego de manter as estradas autonómicas en óptimas condicións. Neste exercicio, a consellería destinou 68 millóns de euros á conservación das vías de titularidade da Xunta.