
Derrotou en terras aragonesas o School Zaragoza e o CN Helios
11 feb 2025 . Actualizado a las 05:00 h.O Concello de Cambados desprazouse a pasada fin de semana a terras aragonesas para encarar dous novos partidos do Grupo 1 da División de Honor de tenis de mesa. Dous encontros que solventou con éxito e que o consolidan no terceiro posto da clasificación, o último con dereito a disputar a vindeira fase de ascenso á Superdivisión, empatado a 20 puntos co segundo, o Madrid Capital TM.
O sábado pola tarde, o cadro arousán impúxose 3-4 (12-14) ao School Zaragoza Global Spedition. Un encontro no que Sergiy Nigeruk gañou os seus dous duelos individuais e Andre Teixeira un, desnivelando xuntos a balanza no desempate do dobres ante Álvaro Gimeno e Hodei Mancha.
Na mañá do domingo, o C. Cambados non atopou rival no seu enfrontamento co Club Natación Helios, vencendo 1-5 (5-15). Esta semana tocará recibir o líder, un Atlético San Sebastián con 2 puntos máis e dous partidos xogados menos.