
Baltasar Garzón e Dolores Delgado acudiron ao encontro
16 feb 2025 . Actualizado a las 18:17 h.A Iniciativa Cidadá de Memoria Histórica de Vilagarcía, coa colaboración de O Faiado da Memoria, celebrou onte o Xantar da Memoria no Churrasco de Rubiáns. A cita propiciou o reencontro de vellas amizades. Deste xeito, Baltasar Garzón e Dolores Delgado acudiron a un xantar co que os coletivos organizadores queren empezar a ampla axenda de actividades que despregarán este ano para celebrar que xa van alá 50 dende o fin da ditadura franquista. Ao xantar acudiron numerosas personalidades tanto políticas, como do mundo da cultura e o activismo na bisbarra.