Regístrate gratis y recibe en tu correo las principales noticias del día

Volve o Solifest para alegrar o barrio do Piñeiriño e mellorarlle a vida á persoas con parálise cerebral

La Voz VILAGARCÍA / LA VOZ

AROUSA

Los fondos recaudados en el Solifest ayudaron a comprar un lector ocular para la asociación Amencer
0 seconds of 1 minute, 11 secondsVolume 90%
Press shift question mark to access a list of keyboard shortcuts
00:00
01:11
01:11
 
Mónica Irago

A recadación do ano pasado permitiu comprar un lector ocular que facilita a comunicación de persoas con discapacidade

15 feb 2025 . Actualizado a las 14:15 h.

O Solifest organizado por Amencer Aspace e a Asociación Veciñal Breogán de Vilagarcía vivirá unha nova edición o vindeiro 13 de abril. Desde o mediodía ata á noitiña non haberá tempo para aburrirse no barrio do Piñeiriño. Os chefs Rubén García e Xoaquín Ameixeiras prepararán centos de tapas gratuítas; A Caixiña dos Mistos repite coa súa zona kids; La Barbería del Vecino fará cortes de pelo solidarios; O Madia Leva, o Amor de Madre e o Café-Bar Nautilus colaborarán coa fila cero e cunha barra que estará servindo vermús na rúa Camilo José Cela. A dirección técnica correrá a cargo do vilagarcián Ricardo González.

Nas próximas semanas presentarase o cartel definitivo dun festival que conta coa colaboración do Concello de Vilagarcía e a Deputación de Pontevedra e ten como obxectivo crear un espazo para o ocio e contribuír a unha causa solidaria.

O ano pasado conseguino. Grazas aos fondos recadados, a asociación de familias con parálise cerebral, Amencer Aspace, puido adquirir o PCEye, un lector ocular creado para a comunicación. Este dispositivo permíte manexar un computador ou tableta Windows compatible só cos ollos o cal dálle ás persoas con parálise cerebral maior grao de independencia e accesibilidade permitindo enviar correos electrónicos, mensaxes de WhatsApp, utilizar redes sociais e outras aplicacións. «En definitiva, permítelles ás persoas usuarias manter unha vida social activa», explican desde a organización.