A Xunta inviste 2,6 millóns no Salnés en oferta formativa para desempregados
AROUSA

Os cursos impártense en Vilagarcía, Cambados, Sanxenxo, Vilanova e A Illa
20 feb 2025 . Actualizado a las 15:17 h.A Xunta inviste case 2,6 millóns de euros nos cursos de Acción Formativa para Desempregados (AFD) que se desenvolven na comarca do Salnés. A concello de Vilagarcía é o que conta con máis oferta cun total de 28 cursos e un orzamento de máis de 1,1 millóns de euros. Sanxenxo conta con 14 accións formativas; en Cambados impartiranse dez cursos, mentres que o concello de Vilanova contará con seis AFD e A Illa de Arousa, con catro.
Os datos dounos a coñecer hoxe o delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera, con motivo dunha visita realizada a unha das empresas que oferta esta formación.
«A día de hoxe moitas persoas teñen un traballo fixo grazas á formación gratuíta que recibiron nestes cursos financiados pola Xunta», algo que, segundo explicou o delegado, «é unha mostra de que hai un interese real e un equipo cualificado ideando e organizando estas iniciativas, máis alá do esforzo económico que supón garantir o funcionamento de medio millar de accións formativas só na provincia de Pontevedra».