O BNG lamenta a demora que impediu a compra dunha finca no Carril para aparcamento
AROUSA

Os nacionalistas lembran que a craeción de estacionamento disuasorio é posible polos seus acordos sobre mobilidade en Vilagarcía
20 mar 2025 . Actualizado a las 05:00 h.Esta semana, o goberno socialista de Vilagarcía anunciaba a próxima creación dun novo aparcamento disuasorio no Carril, concretamente na rúa Cortegada, a través dun acordo cos propietarios dunha parcela de 500 metros cadrados. O BNG lembra que se a creación de estacionamento público sae adiante é polos acordos que acadou co PSOE para aprobar o plan de mobilidade, nos que este era un punto irrenunciable. Os nacionalistas, porén, entenden que Ravella debe facer un esforzo por adquirir este tipo de fincas, e lamenta a oportunidade perdida, tamén no Carril, pola demora coa que actuou o Concello, permitindo que outro comprador se fixese cunha propiedade que estaba nas mans da Sareb, o denominado banco malo.
«Temos claro que é preciso que o Concello acade parcelas en propiedade para a creación de aparcamento público, xa que o número de prazas non pode depender da vontade de propietarios particulares en cesións temporais», subliña a formación que lidera Xabier Rodríguez. No caso da rúa Cortegada, o BNG agarda que o goberno local prosiga coas negociacións cos donos das leiras próximas para que, «co sixilo necesario, dote a este futuro aparcamento público do meirande número de prazas que sexa posible» ao servizo dos veciños do Carril,