Regístrate gratis y recibe en tu correo las principales noticias del día

O Concello renovará os xogos do parque infantil de Ravella

La Voz VILAGARCÍA / LA VOZ

AROUSA

MARTINA MISER

O recinto para a cativada de Matosinhos será o próximo en ser arranxado

21 mar 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

O Concello renovará os balancíns e os tobogáns do parque infantil de Ravella. Manteranse a serpente e as carriolas e substituiranse ata seis elementos por uns novos. Tamén se instalará un cartel indicativo da área de xogo. O presuposto é de 18.000 euros. Os técnicos municipais consideran que o estado dos xogos infantís está deteriorado polo uso. Por esta razón, é necesario renovalos na súa maioría. En concreto, colocaranse dous módulos de tobogáns, dous carruseis e dous balancíns. As labores conlevarán o peche temporal do parque por motivos de seguridade.

Esta actuación enmárcase no Plan de mantemento e renovación de parque infantís que nos últimos anos xa actuou «en máis da metade» da rede, que está conformada por preto de 41 espazos de xogo.

O departamento de Medio Ambiente vén de participar en numerosas reunións coas asociación veciñais, no marco da rolda que leva facendo o goberno municipal dende comezos de ano. Nestes encontros márcanse as prioridades de actuación para os vindeiros meses. De feito, o Concello actuará proximamente no parque infantil de Matosinhos, que tamén é necesario renovar.