Regístrate gratis y recibe en tu correo las principales noticias del día

Castaño pide unha obra «digna» para a estrada de Dimo a Coaxe

La Voz CATOIRA

AROUSA

cedida

As obras de construción de cunetas transitables que se están a realizar nestes momentos apenas melloran 150 metros dos 3,3 quilómetros que ten a vía, informa o alcalde de Catoira

22 mar 2025 . Actualizado a las 13:09 h.

O alcalde de Catoira Xoán Castaño vén de pedir á Deputación «unha actuación digna» para a estrada provincial EP-8703 Dimo-Coaxe logo de comprobar que as obras de construción de cunetas transitables que se están a realizar nestes momentos apenas melloran 150 metros dos 3,3 quilómetros que ten a vía. O nacionalista insta ao goberno provincial a que tome medidas «para conseguir solucionar algo de todos, os problemas de seguranza viaria que existen. O que están a facer é totalmente escaso e insuficiente», afirma o rexedor.

.