Regístrate gratis y recibe en tu correo las principales noticias del día

Lemos ficha «por 14 partidos» coa mente posta en chegar ata o final da promoción

Pablo Penedo Vázquez
Pablo Penedo VILAGARCÍA / LA VOZ

AROUSA

Martina Miser

Dani Abalo afirma que mantiveron informado desde o principio a Perú da busca dun recambio á fronte do equipo, versión negada polo exadestrador

28 mar 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

José Luis Lemos dirixiu onte a súa primeira sesión como novo adestrador do Arousa, que incluíu unha longa charla de máis dunha hora cos seus novos futbolistas. Un primeiro día de traballo que se completou coa presentación á prensa da súa fichaxe acompañado na sala de reunións das oficinas do club na Lomba polo presidente arlequinado, Manolo Abalo, e mais o seu director deportivo, Dani Abalo. Máis aló das primeiras impresións sobre o equipo e a perspectiva de futuro coa que chega Lemos, a comparecencia estivo marcada polas preguntas que moitos afeccionados do Arousa se levan facendo sobre como se xestou a destitución de David López, Perú, tan só seis semanas despois de ser ascendido pola directiva desde o banco do conxunto de División de Honor Juvenil da entidade. 

MARTINA MISER

Lemos sinalou que o club e mais el botaron días falando, que «el acuerdo se cerró rapidísimo, en un par de horas, pero tuve que hacer malabarismos a nivel laboral» para poder aceptar a proposta que lle chegou desde Vilagarcía. A preguntas sobre a cuestión, Dani Abalo contestou que «hubo una reunión en el club en la que se habla de que se podía ver posibilidades de mercado», pero «siempre avisando y contándole a Perú» e asegurando: «Hasta este lunes no nos pusimos en contacto con Lemos».

Nunha entrevista concedida onte a este xornal horas máis tarde da rolda de prensa de presentación de Lemos, Perú sostén que Dani Abalo lle comunicou no adestramento do venres da semana pasada que o club sondaba alternativas a el tras publicar La Voz que o Arousa tiña xa a Lemos na recámara. Tamén que o propio sucesor de Perú o chamou ese mesmo día tras o adestramento para confirmarlle que o Arousa se puxera en contacto con el, pero que non tiña nada asinado nese momento. Tanto Manolo Abalo coma Dani Abalo aseguraron querer que Perú continúe traballando para o club.

Polo que respecta ao xa novo adestrador arlequinado, Lemos dixo terlle ofrecido ao seu predecesor un posto no seu corpo técnico, pero «por temas laborales no pudo ser». O técnico compostelán cinguiu o seu contrato «hasta final de temporada, 14 partidos», os oito que restan da Liga e os seis que confía xogar despois para conseguir o obxectivo do ascenso na promoción. Para iso di ter un cadro de xogadores «de calidad, con mimbres para que salgan mejor las cosas».