Regístrate gratis y recibe en tu correo las principales noticias del día

Programación especial na biblioteca Rosalía de Castro para celebrar o Día do Libro

La Voz VILAGARCÍA / LA VOZ

AROUSA

O alcalde de Vilagarcía, Alberto Varela, na entrega dos premios aos mellores lectores do ano pasado
O alcalde de Vilagarcía, Alberto Varela, na entrega dos premios aos mellores lectores do ano pasado MONICA IRAGO

Un obradoiro familiar a cargo de Lorena Pinheiro e a maxia de Charly Brown farán as delicias dos lectores máis pequenos

19 abr 2025 . Actualizado a las 13:15 h.

Como vén sendo habitual, a Biblioteca Rosalía de Castro de Vilagarcía desenvolverá unha programación especial para celebrar o Día do Libro. O 23 de abril, a partir das seis da tarde, a sala infantil acollerá un obradoiro de carácter familiar: «Cucú tapa o cú», orixinal de Lorena Pinheiro. Trátase dun taller cheo de xogos e enredos sobre o patrimonio cultural inmaterial de Galicia: contos, trabalinguas, adiviñas... O espectáculo está recomendado para rapazada de 3 a 6 anos. Hai quince prazas dispoñibles e é preciso facer inscrición previa. Dous días despois, ás cinco e media, chega á biblioteca a nova proposta do ilusionista Charly Brown, que se titula «Tola academia de maxia». Como no caso anterior, a entrada é de balde, pero desta volta ata completar aforo e sen necesidade de reserva previa. O público ao que se destina é de catro anos en adiante. O mago Charly Brown promete facer rir, ilusionar e pasar un rato «moi tolo, cheo de bo humor e bo ambiente, en familia».

Ámbolos dous espectáculos teñen unha duración duns cincuenta minutos.