O PSOE de Vilagarcía escolle a Suso Paz coma o seu militante de honra no 2025
AROUSA

O expresidente da Autoridade Portuaria será homenaxeado no xantar de confraternidade que os socialistas celebrarán o 10 de maio
24 abr 2025 . Actualizado a las 05:00 h.Cada ano, coincidindo co seu xantar de confraternidade, o PSOE de Vilagarcía distingue un dos seus afiliados como militante de honra. A executiva local do puño e a rosa vén de anunciar que o elixido e Jesús Paz Arias, do que o secretario xeral do PSdeG na capital arousá, Julio Torrado, quixo subliñar «a súa traxectoria política e vital, comprometido dende as súas etapas máis novas e sempre identificado indiscutiblemente co progresismo e a socialdemocracia».
Licenciado en Ciencias Políticas e Socioloxía pola Universidade Complutense de Madrid, Paz iniciou o seu vencello co eido político na súa etapa coma estudante, aínda que a súa afiliación ao PSOE data de 1987. Dende o eido político, formou parte do último goberno do histórico rexedor socialista Javier Gago, aínda que non rematou aquel mandato. A chegada ao poder autonómico do bipartito que conformaron PSdeG e BNG situouno no 2005 na presidencia da Autoridade Portuaria de Vilagarcía, onde desenvolvía a súa faciana laboral coma responsable do departamento de Recursos Humanos. Dous anos máis tarde, pasou a ocupar a máxima responsabilidade na Autoridade Portuaria de Vigo, da que cesou no 2009.
Torrado destaca a «intelixente combinación da visión local de Vilagarcía dentro dunha percepción global da situación política» que caracteriza ao militante de honra. O alcalde, Alberto Varela, ve en Paz «a posición ideolóxica solvente de quen ten arraigado o seu compromiso». O nomeamento terá lugar o sábado 10 de maio na celebración do xantar anual. Calquera persoa interesada en participar na homenaxe pode contactar coa agrupación socialista