
Presentada en Vilagarcía unha obra ilustrada cos seus 19 poemas
24 abr 2025 . Actualizado a las 05:00 h.Era o Día do Libro o marco perfecto para un recoñecemento coma o que onte se lle fixo ao intelectual, escritor e diplomático galeguista Plácido Castro. O Concello de Vilagarcía e a fundación que traballa polo recordo e visibilización da vida e da obra de Castro presentaron na sala de conferencias do Auditorio Municipal Brincadeiras poéticas. Cun limiar de María do Cebreiro, ilustrada por 19 artistas galegos e con deseño de Pepe Carreiro, o libro recolle os 19 poemas que escribiu Plácido Castro, divididos en dous bloques; un arredor da temática da paternidade e o segundo sobre temas variados.