O BNG de Vilagarcía pide que se recupere o Premio de Poesía Fermín Bouza-Brey
AROUSA

«É decepcionante comprobar como non só non se incluíu na programación cultural, se non que ademais non vemos trazas de que haxa vontade algunha de facelo de novo», sinalan desde o grupo nacionalista.
24 abr 2025 . Actualizado a las 14:00 h.O BNG de Vilagarcía solicita ao grupo de goberno a recuperación do Premio de Poesía Fermín Bouza-Brey. Foi unha das iniciativas que propuxeron no programa electoral do 2023 no eido cultural e así llo comunicaron ao grupo de goberno nas negociacións que veñen mantendo neste mandato.
«Atopámonos ás portas do Día das Letras Galegas, momento que sería máis que acaído para a recuperación do certame, máis tendo en conta que era a data na que noutras edicións acostumaba celebrarse, é decepcionante comprobar como non só non se incluíu na programación cultural, se non que ademais non vemos trazas de que haxa vontade algunha de facelo de novo», sinalan desde o grupo nacionalista. «Cabe lembrar que o Premio de Poesía Fermín Bouza-Brey, acadou gran prestixio e proxección literaria no ámbito editorial e literario galego, máis xa fican quince anos baldeiros dende a última cita».