O pianista Federico Colli pecha este sábado a tempada da Filarmónica de Vilagarcía

La Voz VILAGARCIA / LA VOZ

AROUSA

Benjamin Ealovega

Interpretará no auditorio obras de Isaac Albéniz. Debussy e Ravel, entre outros compositores

24 abr 2025 . Actualizado a las 14:00 h.

A novena temporada de actuacións da Sociedade Filarmónica de Vilagarcía chega ao seu final este sábado. O broche de pono o virtuoso do piano Federico Colli, que tocará no auditorio a partir das 20.30 horas. O italiano fará un percorrido musical que comezará no barroco e rematará no século XX. A entrada é de balde para os socios da sociedade filarmónica mentres que o custe para o público xeral é de 18 euros. O repertorio para o sábado comezará con nove sonatas de Domenico Scarlatti para continuar coa creación en G menor R42 de Antonio Soler. Tamén intrepretará Les Folies Françaises de Couperin e, posteriormente, algunhas composicións do español Isaac Albéniz. Debussy e Ravel.

Federico Colli (Italia, 1988) é un dos pianistas novos máis importantes do panorama mundial e conta con premios como a Medalla de Ouro no Concurso Internacional de Piano de Leeds (2012). A revista Fortune Italia incluíuno na lista de persoas máis influentes do mundo da Arte e a Cultura.