Regístrate gratis y recibe en tu correo las principales noticias del día

Regades acusa ao PP de converter a mancomunidade «nun chiringuito»

La Voz VILAGARCÍA / LA VOZ

AROUSA

cedida

O secretario provincial reuniuse co PSdeG-PSOE reuniuse cos dirixentes da comarca en Vilagarcía

26 abr 2025 . Actualizado a las 17:00 h.

O secretario xeral provincial do PSdeG-PSOE, David Regades, desprazouse este sábado a Vilagarcía nunha nova parada da rolda que está a facer polas diferentes agrupacións da provincia. Alí mantivo un encontro cos responsables socialistas nos concellos de Vilagarcía, O Grove, Cambados, Illa de Arousa e Meis, aos que expresou o seu recoñecemento polo traballo feito. O alcalde de Vilagarcía referíndose a Regades como un home de diálogo, «polo que non toca desexarlle sorte neste novo mandato como secretario xeral, senón que continúe co mesma liña de traballo».

Pola súa banda, David Regades afirmou que nas próximas eleccións municipais melloraranse resultados, contribuíndo así á recuperación da Deputación e «á rexeneración democrática da mancomunidade que o PP converteu nun chiringuito partidista».

Regades fixo un chamamento a «pisar o acelerador» na comarca arousán co horizonte posto nas vindeiras eleccións.