A Illa acolle Ficciónate
31 mar 2017 . Actualizado a las 05:00 h.Hoxe preséntase na Illa Ficciónate, o primeiro ciclo de cinema de curta duración que busca amosar os traballos dos novos talentos e alentar as novas xeracións a que produzan e creen industria creativa. No ciclo proxéctanse as obras Illa Pedra, Einstein-Rosen (Premio Mestre Mateo 2017 á mellor curtametraxe de ficción), Curricán (Premio do Festival de Cans en 2015) e Superpunky, El Musical (tamén coñecido como o La la land galego). O ciclo percorrerá diferentes concellos de Galicia proxectando estas obras coa presenza de representantes de cada filme, sendo A Illa a primeira parada do tour. Posteriormente ás presentacións, haberá un aperitivo de produtos galegos e o público terá ocasión de departir cos invitados que asistan á proxección.
Hoxe • 20 horas • 2 euros • Auditorio municipal de A Illa • Ao rematar as proxeccións haberá unha degustación de produtos galegos •