A Festa da Ameixa Roxa colle o relevo esta fin de semana na Illa

La Voz A ILLA / LA VOZ

A ILLA DE AROUSA

MONICA IRAGO

Celebrarase de venres a domingo no paseo do Cantiño

22 ago 2024 . Actualizado a las 13:15 h.

As festas gastronómicas da fin de semana continúan na Illa, desta volta coa ameixa roxa como raíña do prato. O bivalvo poderase degustar ao vapor e á mariñeira e no menú haberá, tamén, paella, zamburiñas, croquetas de marisco, empanada de atún, pementos de Padrón e as filloas porán o toque doce. Os prezos da carta oscilan entre 14 e 3 euros e non faltan o viño e outras bebidas. A festa celebrarase de venres a domingo no paseo do Cantiño e está organizada polo Club de Piragüismo Illa de Arousa co fin de recadar fondos.