Gema e Caxoto chegan a A Illa cun espectáculo inclusivo en lingua de signos

La Voz A ILLA

A ILLA DE AROUSA

A cita é este domingo ás seis da tarde no auditorio con entrada de balde

19 mar 2025 . Actualizado a las 08:57 h.

O auditorio da Illa acolle este domingo o espectáculo inclusivo en lingua de signos e lingua oral titulado «É o meu amigo!» da man de Gema Santos e Caxoto. A cita será a partir das seis da tarde con entrada de balde.

A actuación está aberta a todos os públicos e conta a historia de Gema, unha meniña que coñeceu a Martiño, un rapaz introvertido en cuxo maxín collen mil mundos. «Só quen teña o don da curiosidade e a ferramenta da empatía poderá adentrarse con el nunha aventura que case sen darse conta remate no máis alto do Everest», segundo recolle a sinopse.