
«Estamos ante un caso moi grave porque certifica que o actual rexedor incorría en arbitrariedades e persecución contra un traballador municipal», di o grupo da oposición
26 abr 2025 . Actualizado a las 13:19 h.A sentenza favorable ao ex xefe da Policía Local da Illa no seu contencioso contra o Concello segue dando que falar. Agora da man do grupo municipal do PP que lle esíxe ao alcalde, Luis Arosa, que compareza en sede plenaria ou onde considere para dar as explicacións das «irregularidades» na xestión da policía local entre os anos 2021 e 2022 e para que informe do estado no que se atopa a causa aberta contra el na xurisdición social por presunto acoso laboral contra o ex xefe da policía.
«Estamos ante un caso moi grave porque certifica que o actual rexedor incorría en arbitrariedades e persecución contra un traballador municipal no exercicio das súas funcións de cargo público, polo que se pon en tea de xuízo toda a súa actuación no Concello. De feito, está moi alonxada da exemplaridade que se lle debe esixir a calquera representante dos veciños e pon en dúbida que, calquera actuación de Luis Arosa, responda ao interese xeral».
O PP cualifica a sentencia de «moi contundente ao considerar que o actual alcalde realizou usurpación de funcións variando o cuadrante do servizo realizado polo ex xefe da policía local máximo representante comete estas irregularidades no Concello».
«Luis Arosa valeuse co seu cargo como concelleiro no anterior mandato para emprender un caso de persecución contra o ex xefe da policía local só por non aceptarlle que colocar a unha persoa no corpo», engade o PP no seu comunicado.
Repróchanlle ao rexedor socialista o seu silencio sobre este tema e pídenlle responsabilidades políticas: «Nos dá que pensar que o tema é máis grave do que xa semella, pero os veciños da Illa merecen unha explicación de porque o seu máximo representante comete estas irregularidades no Concello».
Como en outras ocasións, os populares aluden tamén ao BNG —socio de goberno local co PSOE—. «Sempre se fachenda da súa pureza política, pero que cala ante as cacicadas que non lle conveñen non vaia ser que perdan as súas cadeiras no Concello», sinala o grupo da oposición.