O conservatorio de Cambados leva premio cantando rap para La Voz de Galicia

B. C. CAMBADOS

CAMBADOS

cedida

Quedou segundo clasificado na categoría infantil do certame Auga, literatura e rap

07 dic 2020 . Actualizado a las 17:18 h.

De todos é sabido que a poesía é unha boa aliada da música, o que non é tan evidente é que a poesía inspire tamén un rap. La Voz de Galicia, a través do seu programa Prensa Escuela, en colaboración con la empresa Viaqua, puxo en marcha o concurso «Auga, literatura e rap» co fin de incentivar a faceta artística dos rapaces, e o Conservatorio Elemental de Música de Cambados vén de obter premio. Dos tres proxectos presentados polo centro un acadou a segunda posición na final da categoría Infantil. Trátase do grupo formado por Naila Abal Morrazo, Victoria Sotelo Blanco, Fernando Rodríguez Amoedo e Xoel Pintos Celinska, de terceiro e cuarto curso. Os nenos interpretaron poemas de O pozo e Canción de Berce do libro Lúa de Pan (2002) do académico Xosé María Álvarez Cáccamo. De premio, os nenos recibirán cadanseu altofalante. 

Os poemas foros elixidos polo profesor responsable do proxecto e director do centro, Daniel Figueira Bello, e agravación levouse a cabo o domingo 25 de outubro nun pozo da parroquia de Castrelo, coa colaboración de Scooby, o can da mestra Modesta. «A soltura e dedicación dos rapeiros conquistou ó xurado. Incluíron divertidas maneiras de bailar e tocaron os seus instrumentos, vestidos de rapeiros, con cadeas, lentes de sol, roupa frouxa e gorras, rapearon os poemas alternándose entre eles as estrofas e dando como resultado un vídeo de un minuto moi vistoso e alegre», segundo explica o director.

Na edición deste ano participaron 64 centros educativos de toda Galicia dos cales os tres proxectos presentados polo conservatorio cambadés chegaron á final.