A deportista de 12 anos, bronce no último Mundial de Ximnasia de Trampolín, recibíu palabras de eloxio do alcalde ante a súa familia
24 dic 2022 . Actualizado a las 05:00 h.O goberno de Cambados, co seu alcalde, Samuel Lago, á cabeza, tributoulle onte á deportista local Uxía Rodríguez Fernández a cumprida recepción oficial que merece unha medallista mundial. A cambadesa colgouse hai un mes a medalla de bronce en dobre mini tramp (DMT) no Campionato do Mundo de Ximnasia de Trampolín. Fíxoo en Bulgaria, onde ademais entrou na final da modalidade de tumbling na primeira gran cita de Uxía coa selección española.
Ante a familia da rapaza e a súa titora no IES Francisco Asorey, onde Uxía vén de iniciar a ESO con 12 anos, o alcalde cambadés entregoulle á deportista un pin co emblema da Torre de San Sadurniño e unha escultura de cerámica da artista Mar Barral «como recoñecemento ao exemplo do traballo e do esforzo do que dende o Concello estamos moi orgullosos», declarou Lago.