Cambados destina 705.605 euros a pagar facturas a provedores

La Voz CAMBADOS / LA VOZ A ILLA / LA VOZ

CAMBADOS

Martina Miser

Este mes celebrarase un pleno extraordinario para votar un recoñecemento extraxudicial 

10 mar 2023 . Actualizado a las 18:49 h.

O Concello de Cambados vai celebrar un pleno extraordinario neste mes para votar un recoñecemento extraxudicial de facturas por importe de 889.994 euros co fin de pagar a provedores como Endesa, Sogama, Urbaser, Idades e Viaqua. «Con este recoñecemento extraxudicial e modificación orzamentaria vanse poder pagar a totalidade das facturas pendentes aprobadas de exercicios pasados ou que foron presentadas no rexistro polas distintas empresas neste ano, pero que corresponden a gastos doutros exercicios», segundo explica o concelleiro de Facenda, Xurxo Charlín.

Estas facturas van ser asumidas mediante o remanente de tesouraría do exercicio 2022, 705.605 euros, pero tamén parte delas coas partidas no presente orzamento.

Por outra banda, o capital vivo pendente de amortizar a 31 de decembro de 2022 nos bancos, 112.615,47 euros, vai ser abonado na súa totalidade en maio.

«A situación económica e financeira mudaron drasticamente nestes dous últimos mandatos, xa que a situación actual dista moita da existente en 2015, cando as contas municipais deixadas polo anterior goberno obrigaron a someter ao Concello a un plan de axuste, presentando unha débeda de máis de 3,7 millóns de euros e un saldo bancario  nas entidades financeiras de apenas 400.000 euros», indica Charlín.