A Última aventura do Club Mariño O Salnés

La Voz CAMBADOS / LA VOZ

CAMBADOS

cedida

A entidade inaugura este domingo unha mostra fotográfica sobre o proceso de restauración dunha dorna, un evento que se enmarca no programa das Letras e dos 25 anos do colectivo 

12 may 2023 . Actualizado a las 17:09 h.

A Última foi unha donación realizada ao Club Mariño O Salnés. O seu anterior dono sabía ben a quen lle entregaba a súa dorna: malia o mal estado no que se atopaba a pequena embarcación, as persoas que integran este colectivo non dubidaron en afrontar a súa restauración. Levoulles tempo -ano e medio de traballo- e levoulles, tamén, suor. Pero agora A Última está lista, e a intención do club é poder botala ao mar moi pronto.De momento, o vindeiro domingo convertirase en protagonista dunha mostra organizada para amosar o proceso de restauración que permitiu devolverlle a forma. A propia dorna será o exio dunha exposición composta por oito paneis de fotografías que documentan todos os pasos dados. Con ela, o Club Mariño O Salnés súmase á programación do Día das Letras e celebra, tamén, o seu 25 aniversario.