Regístrate gratis y recibe en tu correo las principales noticias del día

Dous autobuses farán a ruta Cambados-Pontevedra nas madrugadas do sábado e o domingo pola Festa do Albariño

La Voz CAMBADOS

CAMBADOS

VITOR MEJUTO

As saídas serán ás 7 horas e 8.35 horas desde a estación de autobuses

02 ago 2023 . Actualizado a las 11:43 h.

A Xunta activará servizos de autobús especiais nas madrugadas dos vindeiros 5 e o 6 de agosto para a Festa do Albariño de Cambados. Os autocares farán a ruta desde Cambados cara a Pontevedra con saídas ás 7 horas e 8,35 horas desde a estación de autobuses. Estes servizos realizarán un traxecto directo, sen paradas intermedias entre as dúas localidades.

O obxectivo da medida é «facilitar mellores alternativas de viaxe en transporte público, de xeito que se reduzan os riscos da condución nocturna despois de xornadas de lecer, se diminúa o tráfico e con iso o impacto ambiental». Os menores de 21 anos poderán viaxar gratis empregando a tarxeta Xente Nova, ao igual que fan en todos os autobuses da Xunta. Os demais usuarios do transporte público da Xunta poderán beneficiarse dos descontos da tarxeta TMG.

 A información dos horarios dos servizos e as súas paradas poderán ser consultadas na web www.bus.gal.