
Cultura, gastronomía e moita música protagonizaron a xornada central da Festa Mariñeira
01 jul 2024 . Actualizado a las 20:27 h.Cambados rematou onte a conmemoración do seu ancestral vencello co mar. A Festa Mariñeira, que atopaba un dos seus obxectivos na salvagarda da antiga dorna Airexa, viviu a súa xornada central, na que non faltaron as rutas guiadas polo patrimonio arquitectónico e etnográfico, o encontro de embarcacións clásicas en memoria de Tito Silva nin, por suposto, a música e a degustación de delicias mariñas coma a ostra. Para rematar, concerto de Blues do País, Sindicato da Verbena e Cuernicornios.