O paseo marítimo, escenario da Milla e Dobre Milla Urbana de Cambados

La Voz VILAGARCÍA / LA VOZ

CAMBADOS

OSCAR VíFER

A proba disputaráse na mañá do domingo

17 ago 2024 . Actualizado a las 05:00 h.

O Club Atletismo Cambados e o Concello ultiman os preparativos da XXVII Milla e Dobre Milla Urbana Premio do Albariño. A segunda cita atlética máis antiga da comarca reunirá mañá a deportistas de nove categorías, que afrontarán cinco distancias no paseo marítimo de Cambados en función das súas idades: 200, 400, 800, 1.609 (milla) e 3.218 (dobre milla) metros —os séniores poden escoller entre as dúas últimas—. A inscrición está aberta na web de magmasports e, de 9.30 ata media hora antes da saída (12.10 a milla, 12.30 a dobre milla) no punto de partida.