Cambados visto en caiac e dende o río Umia

La Voz CAMBADOS / LA VOZ

CAMBADOS

MONICA IRAGO

Máis de vinte persoas participaron na experiencia organizada polo Concello de Cambados

31 ago 2024 . Actualizado a las 11:38 h.

Os segredos de Cambados foron descubertos onte no paseo que 22 persoas puideron realizar. Subidas en caiacs e protexidas con chalecos salvavidas, arrancaron as dez e media da mañá. Durante tres horas, os participantes descubriron os fondos mariños, os prados de zoosteira, as aves limícolas e o río Umia, nunha viaxe na que puideron ver a vila dende a perspectiva única da natureza.