Os actos serán este venres e sábado, respectivamente. O martes presentarase o libro «Liberdade para o Galego»
14 nov 2024 . Actualizado a las 11:48 h.Cambados ten na fin de semana dúas citas coa cultura. Este venres presentase o quinto número da revista cultural Cen Follas, nun acto que terá lugar no auditorio ás 20.30 horas. Neste numero o exemplar inclúe unha reprodución de 90x15 centímetros da pintura sobre táboa de Joaquín Sánchez Peña, titulada Vista de Cambados desde Sálvora, de 1919, que se pode ver actualmente no Museo Ramón Cabanilllas de Cambados. A revista poderase adquirir alí mesmo, no auditorio, e a partir do día seguinte nas librarías cambadesas.
O sábado a cita está no EsPazoB Torrado co gallo da inauguración da exposición Nós nos Nós, de Montse Gay e comisariada por Pepe Eiras. O acto será a partir da unha da tarde.
Por outra banda, o vindeiro martes terá lugar a presentación do libro Liberdade para O Galego, de Marcos Maceira, presidente da Mesa pola Normalización Lingüística. Será na Casa da Calzada ás 20 horas.