O Clube Mariño Salnés estrea a curtametraxe «As voces do mar» o día 25 no auditorio municipal
17 ene 2025 . Actualizado a las 14:47 h.No Clube Mariño Salnés (Cambados) estrea o 25 de xaneiro, ás 19 horas no auditorio da Xuventude, a curtametraxe As voces do mar: recuperando a tipoloxía Gamela de Cambados. A peza amosa o traballo feito nos últimos 25 anos a prol da preservación deste patrimonio marítimo, e, en concreto, dunha embarcación que xa desapareceu dos portos e o club trata de recuperar partindo duns planos e un medio casco.
«Co noso afán pola preservación do patrimonio marítimo galego, levamos a cabo a produción desta cutametraxe ca finalidade de intentar compartir a labor de recuperación da tipoloxía da gamela de Cambados nestes úlitmos 25 anos do CMS. Un dos obxectivos fundacionais do clube que hoxe está máis preto que nunca de se cumprir».
A produción da curtametraxe corre por conta de Piruleta Vermella e Diego Avelaíña e o financiamento, da Deputación de Pontevedra, «que unha vez máis aporta un gran apoio ó ámbito da recuperación e conservación do noso patrimonio cultural», sinalan desde o o Clube Mariño Salnés. Nel inclúense testemuñas de veciños que fixeron posible que o CMS puidera recrear como era unha embarcación que marcou unha época na vila.