Regístrate gratis y recibe en tu correo las principales noticias del día

A plataforma Queremos Galego celebra unha asemblea aberta en Cambados co 17 de maio á vista

La Voz CAMBADOS / LA VOZ

CAMBADOS

Manifestación a prol da lingua impulsada por Queremos Galego na praza do Obradoiro
Manifestación a prol da lingua impulsada por Queremos Galego na praza do Obradoiro Xoán A. Soler

A cita terá lugar este martes na sala Pitusa de Exposalnés

22 abr 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

A sala Pitusa, integrada na sé de Exposalnés en Cambados, será escenario este serán, a partir das oito, dunha sesión plenaria da plataforma Queremos Galego Salnés. O obxectivo da asemblea, á que está convidada o conxunto da cidadanía, proponse como obxectivo a recollida de ideas e a elaboración da folla de ruta a seguir de cara á conmemoración das Letras Galegas e a manifestación que o 17 de maio acollerá Compostela.

Queremos Galego considera fundamental a implicación da cidadanía nun proceso decidido de avance na normalización lingüística e adopción de iniciativas «que garantan a presenza do galego en todos os espazos e para todos os usos», así como o cumprimento dos acordos existentes en materia de lingua, «que dende a Xunta se están a incumprir e mesmo lexislar en contra deles».

As sesións plenarias que se están a celebrar no conxunto do país, explica a plataforma, avalían, precisamente, o cumprimento deses acordos, tratando de identificar os obstáculos que impediron o seu desenvolvemento «e propor accións concretas para debater nos diferentes grupos de traballo sectoriais». Serán estes grupos os que definirán as propostas que Queremos Galego presentará perante as institucións públicas.