Homenaxe a Baldomero Isorna, un dos pais da Romaría Vikinga

La Voz CATOIRA / LA VOZ

CATOIRA

Martina Miser

Unha visita ás Torres de Oeste, un paseo por Catoira e un recital poético compoñen o programa que se esenvolverá este 

26 may 2022 . Actualizado a las 13:59 h.

Baldomero Isorna e Faustino Rey foron dúas das persoas que crearon, mediado o pasado século, o Ateneo do Ullán. Era aquela unha sociedade formanda por xente de ben, preocupada pola cultura e a historia, cautivada polas Torres de Oeste, e ansiosa por recuperar a historia que nelas se agochaba. O Ateneo do Ullán organizou, charlas e conferencias nas que tomaron a palabra persoeiros como Luís Bouza Brey, Benito Varela Jácome, Rey Romero, Plácido Castro... Pero sen dúbida, o seu legado máis importante é a Romaría Vikinga, que sigue vizosa hoxe en día.

A figura de Baldomero Isorna, que escribiu o poemario Campanas de Palo, será obxecto esta fin de semana dunha homenaxe organizada polo colectivo A Mesa das Verbas (Vilagarcía) e o Concello de Catoira. Os actos arrincarán o sábado ás 11.20 horas, cunha visita ás Torres de Oeste e unha lembranza da figura de Faustino Rey Romero. De seguido, desenvolverase un paseo por Catoira, e ás 14.30 horas tocará xantar de confraternidade no Canguro. Pola tarde, ás seis, haberá un recital poético, acto no transcurso do cal se vai desenvolver tamén un perfil do homenaxeado a cargo de Xesús Santos. Todo isto será no edificio de usos múltiples de Catoira.