A Romaría Vikinga quenta motores coa estrea hoxe da súa obra teatral e un amplo dispositivo de seguridade

R.C. / P.P. VILAGARCÍA / LA VOZ

CATOIRA

Milleiros de persoas virán desfrutar da Romaría Vikinga a Catoira
Milleiros de persoas virán desfrutar da Romaría Vikinga a Catoira Adrián Baúlde

O Concello inicia unha semana de cortes de tráfico no casco urbano

31 jul 2024 . Actualizado a las 05:00 h.

A Romaría Vikinga vai supoñer un alude de público para Catoira. Co fin de garantir que o desembarco de milleiros de persoas aos concertos e todas as actividades organizadas, comezando polos tres días de representación da obra teatral Vikingdrama (Torres de Oeste, hoxe, 21 horas) se desenvolvan co máximo grao de seguridade, o Concello presentou un plan de autoprotección, no que se analizan todos os riscos e emerxencias posibles e se adiantan e indican os procedementos de actuación, implicando a todos os corpos de seguridade. 

O tenente de alcalde, Raúl Gómez, informou de que con motivo da instalación do mercado medieval e os concertos no centro da vila, o Concello prohibe o aparcamento na avenida da Ponte, Rúa da Estación e avenida Eloy Domínguez dende onte ata o luns ás catro da tarde. O Concello habilitou unha finca con espazo suficiente para aparcamento das persoas residentes afectadas polas actividades da Romaría, di.

Ademais, prohibirase a circulación polas mesmas rúas dende as doce do mediodía do venres 2 de agosto ata o luns ás catro da tarde. Só teñen autorizado o paso de maneira restrinxida e exclusivamente para acceso a garaxes a residentes, e para labores de carga e de descarga de mercadorías dos negocios da zona e servizos oficiais. O acceso realizarase dende o Paseo das Lombas.

Estará prohibido o tráfico entre as 16.00 h do venres 2 e as 6.00 h do sábado 3. Tampouco se permitirá circulación o sábado 3 de 10 e a 15 horas e entre as 17 e as 6 da mañá do domingo, así como tampouco o domingo entre ás 10 e as 15 horas e a partir das 17.00 e ata as 6.00 do luns 5 de agosto. A parada de taxis desprázase á zona de estacionamento do Concello e a parada de autobús ás marquesiñas situadas na PO-548 fronte ao lateral da Casa Consistorial.