O PP considera insatisfactoria a mellora do paseo fluvial ata o Muíño do Cura

La Voz CATOIRA / LA VOZ

CATOIRA

PP Catoira

Estefanía Frieiro acusa ao goberno local de «moita propaganda nos anuncios e pouca realidade nos feitos»

14 dic 2024 . Actualizado a las 05:00 h.

Os traballos de reposición e mellora do paseo fluvial de Catoira ata o Muíño do Cura constitúen unha actuación «totalmente insuficiente, incompleta e insatisfactoria» para os integrantes do PP local. A voceira municipal deste grupo, Estefanía Frieiro, asegura que a práctica totalidade das táboas de madeira desta senda «seguen en pésimas condicións, con grandes buratos e desfacéndose», e cualificou de «inaudito que apenas se cambiaran algunhas delas e que se instalara, só parcialmente, unha malla anticaídas tras un investimento de 18.000 euros financiado pola entidade Mar de Santiago».

«O que fixeron e nada é practicamente o mesmo», di Frieiro, que acusou ao goberno nacionalista de «moita propaganda nos anuncios e pouca realidade nos feitos».