Regístrate gratis y recibe en tu correo las principales noticias del día

Coñecendo o brilante futuro de Harpa Azul

La Voz CATOIRA

CATOIRA

MARTINA MISER

A conselleira de Economía e Industria, María José Lorenzana, visitou este sábado as instalacións en Catoira

13 abr 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

A conselleira de Economía e Industria, María José Lorenzana, visitou este sábado as instalacións de hotel Harpa Azul, en Catoira. Este establecemento é un dos beneficiarios dun programa da Xunta para a atracción de investimentos. En concreto, a Xunta aporta 790.000 euros dos 2,2 millóns de euros nos que está valorada a ampliación emprendida neste local de Catoira. Tras a mesma, este pasará a ser un hotel de cato estrelas superior, con 21 espazos máis de aloxamento e que, ademais, contará coa primeira praia interior de Galicia. A conselleira indicou esta liña de apoios, que ten aberta ata o 30 de setembro a súa segunda convocatoria, busca mobilizar investimentos a nivel industrial, hoteleiro ou loxístico. foto m. miser