
A exposición dá conta dun arquivo que suma máis de 80.000 imaxes
05 mar 2023 . Actualizado a las 05:00 h.O auditorio de Valga acolle durante este mes de marzo unha homenaxe, en forma de exposición, ao fotógrafo Anxo Abalo (Pontecesures, 1962?Valga, 2018). Arredor de 200 imaxes de Valga captadas pola súa cámara forman parte desta mostra, que foi inaugurada coa participación do alcalde, José María Bello Maneiro, e da viúva e a nai do fotógrafo, Rocío e Concha. Máis de 80.000 fotografías integran o arquivo que Anxo Abalo deixou como legado un arquivo valiosísimo no que conta historias de lugares, de persoas e historias do pobo que o acolleu, segundo informa o Concello.