Regístrate gratis y recibe en tu correo las principales noticias del día

O BNG de Meaño fala de «descontrol absoluto» á hora de organizar os plenos

La Voz LA VOZ / MEAÑO

MEAÑO

Pleno de Meaño
Pleno de Meaño Martina Miser

A sesión ordinaria do día 27 adiántase a este venres e abordará temas económicos á espera de que se presente o orzamento

19 mar 2025 . Actualizado a las 15:58 h.

O BNG de Meaño volve criticar a organización dos plenos, desta volta porque o previsto para o día 27 foi adiantado para este venres «O alcalde do PP alega que este cambio se debe á axenda da alcaldía e aos ‘prazos para as subvencións’», informa o BNG ao tempo que fala dun «descontrol absoluto na xestión municipal». «O pleno de xaneiro non tivo puntos na orde do día, agás a moción presentada polo BNG en defensa da lingua galega, e xa é o segundo ordinario consecutivo sen puntos», engade o Bloque.

«Neste pleno extraordinario o goberno de Carlos Vieitez pretende mover máis de 1 millón de euros do remanente de tesourería (o superávit do concello) para pagar subvencións a asociacións culturais e deportivas, así como diversas obras no concello. Dende o BNG criticamos esta decisión, xa que nunca antes se tirou do remanente de tesourería para pagar este tipo de subvencións. Ademais, algunhas das obras que se pretenden financiar xa figuraban nos presupostos de 2024 e non foron executadas», abundan desde a oposición. O orzamento do 2025 segue sen levarse a pleno.