Regístrate gratis y recibe en tu correo las principales noticias del día

Meaño dá luz verde para acometer obras por 3,2 millóns de euros

La Voz MEAÑO / LA VOZ

MEAÑO

Grupo de goberno nun pleno en Meaño
Grupo de goberno nun pleno en Meaño Martina Miser

O pleno aprobou unha modificación de crédito de case un millón de euros

22 mar 2025 . Actualizado a las 13:06 h.

No pleno do venres aprobouse unha modificación de crédito por case un millón de euros que permitirá abordar un plan de investimentos por valor de 3,2 millóns de euros para a execución de obras no municipio cofinanciadas coa Xunta e a Deputación. É o caso da cuberta, acondicionamento e mellora do antigo pavillón de Dena-Meaño, que precisa 246.664 euros e que conta cunha subvención da Deputación de 433.335 euros; da pavimentación da rúa Herminia Fariña, con 261.055 euros de un orzamento de 522.000 euros, e a humanización do vieiro centro de Ponte Dena-borde costeiro, con 242.934 euros de un orzamento de 943.000 euros,

O resto da partida desta modificación de crédito repártese entre a expropiación de terreos para a urbanización da rúa Herminia Fariña (36.862 euros); a adquisición de parcelas na Chanca-Dena (75.000 euros); instalación dunha pérgola en Simes (30.000 euros); adquisión de maquinaria para diferentes servizos e as subvencións nominativas a entidades como a escola de balonmán do Asmubal, a escola de tenis de mesa GAM; Unión Dena CF, entre outras, segundo informa o goberno local.

A estes investimentos para 2025 hai que engadir 108.000 euros melloras no actual pavillón de Dena; 150.000 mellora eficiencia enerxética no pavillón de Xil; 70.000 para a instalación placas solares comunidade enerxética; 230.000 euros para as beirarrúas de Viliquín a Dena e 414.000 euros ampliación e mellora de viais en diferentes zonas de Meaño.

«É un investimento moi elevado que nos permitirá avanzar na transformación e modernización de Meaño na que xa levamos anos traballando. Temos unhas contas saneadas que son reflexo dun traballo moderado, responsable e consciente que pode constatar toda a veciñanza de Meaño», indica Carlos Viéitez logo das críticas recibidas polo BNG polo fondo e a forma de convocar o pleno. O venres deuse luz verde aos investimentos do 2025 á espera de que o goberno local presente a votación o orzamento correspondente ao presente exercicio.