O Concello de Meis e o club ciclista Armenteira e Punto realizaron este domingo a campaña «Pedalea Reciclando»
13 dic 2022 . Actualizado a las 14:20 h.O Concello de Meis e o club ciclista Armenteira e Punto realizaron este domingo a campaña «Pedalea Reciclando», dentro das iniciativas de concienciación e educación medioambiental que pon en marcha a Mancomunidade do Salnés e a empresa Valoriza, adxudicataria do servizo de recollida de lixo.
En apenas dúas horas, nun traxecto entre a Armenteira e o núcleo do Mosteiro, arredor de medio cento de deportistas recolleron decenas de quilos de residuos que despois se reciclaron nos contedores situados na praza de España, agás aqueles que precisaban ser enviados ao servizo municipal de recollida de voluminosos. Entre o material atopáronse tapacubos, filtro de camión, testos de potas e restos téxtiles, plásticos e vidros.
A actividade, que rematou cun pincho en Casa Samuel, contou coa participación da alcaldesa Marta Giráldez. que agradeceu o traballo do clube, o cal foi agasallado cunhas mochilas As actividades que a empresa Valoriza está a poñer en marcha continuarán nos colexios e nos clubs deportivos á volta das vacacións de Nadal.
O clube Armenteira e Punto aproveitou para presentar a súa nova equipación.