O BNG de Meis presenta máis de 200 sinaturas de veciños en contra da suba do IBI e do lixo
MEIS
A formación nacionalista reclama que só se modifique o IBI para aumentar os supostos de bonificacións do imposto
27 dic 2023 . Actualizado a las 20:04 h.O BNG de Meis vén de rexistrar no Concello máis de 200 sinaturas de veciños da localidade en contra das subidas do IBI e do lixo aprobadas polo PSdeG-PSOE, partido con maioría absoluta na corporación municipal. Un incremento do 0,4 % ao 0,5 % no tipo do imposto sobre os bens inmobres, converténdose Meis nun dos concellos co IBI máis alto na súa contorna, caso de Meaño ou de Sanxenxo, sinala o BNG, e doutro 20 % no caso da taxa de lixo. Cambios que o Bloque considera inxustificados por canto non veñen acompañados dunha mellora na prestación de servizos para os veciños.
O grupo nacionalista atribúe os aumentos impositivos a unha mala xestión do goberno local encabezado pola socialista Marta Giráldez, solicita que se lle dea marcha atrás á medida e que só se modifique o IBI para sumar novos supostos de bonificacións do imposto sobre bens inmobres, caso daqueles de uso residencial destinados a alugueiro de vivenda con renda limitada a unha norma xurídica.