
O señor da Casa Torre da Fonte, despois doutras tentativas de pedir auxilio e co paso da Lanzada cortado, valeuse do curiña Sartajes para avisar ao párroco de San Martiño, Pedro Viguera, de que estaba sitiado e ferido na reitoral de San Vicente. E este, por non poder chegar por terra, armou unha embarcación cun comando de seis mariñeiros e na madrugada do 8 de setembro puxo rumbo á praia da Barcela disposto a sorprender aos confabulados e a rescatar aos confinados. As cuadrillas veciñais, distribuídas estratexicamente, viron navegar a lancha cara a San Vicente e unha delas achegouse a onde quería varar: «Salieron unos treinta hombres armados a ympedírselo con chuzos, hozes y otras armas y después de aver conocido a Pedro Viguera, este los a alagado para que le dejasen salir a tierra». Manuel Fernández, un dos tripulantes, relatou de xeito case concordante que por todo O Grove se fixera público e notorio que os veciños de San Vicente asaltaran a Casa da Fonte «y que le an echo malos tratamientos y quitado papeles y el día ocho deste mes fue llamado de Don Pedro Viguera, cura desta villa para que proviniese una lancha con jente en la qual avía de pasar a dicha feligresía de San Vicente de donde thenía carta que le rremitía dicho señor Don Joseph en la qual le pedía fuese por caridad a sacarle de dicha feligresía por el peligro que amenazava su vida, que le dava compasión leerla y con efecto se aprestó la lancha y en ella salieron dicho Don Pedro, asta número de siete u ocho hombres que llebava consigo en ella y así que llegaron a dicha felegresía y orilla de mar, como desde tierra les avistaron como a un tiro de escopeta bieron bajar diez y ocho hombres prevenidos con ozes y baras largas en las manos que según lo que entendió llebavan ánimo de embarazar el desembarco». O cura de San Martiño convenceu aos sublevados para que, por humanidade, o deixasen falar cos reféns. E alí, con Pedro Mareque, atopou ao señor da Casa da Fonte malferido e ao escribán cunhalaña na cabeza. O cura do Grove despois de afear a conduta dos veciños, empezou a negociar con eles e a asegurarlles que persuadiría ao señor da Casa da Fonte, que no mesmo día asinarían o trato na vila do Grove para compoñer a situación e que o foreiro non poría denuncias; pediulles que deixasen libre ao señor e ao escribán e que puidesen saír xa con el de volta no barco. Os veciños insurrectos confiaron nel. E narrou o Capitán: «Y suspendiendo tener las armas en la mano, Jacinto de Lores, Venito de Lores y Domingo de Brión respondieron que querían componerse a lo que les dijo dicho Don Pedro saliesen a su casa a la villa del Grove por la tarde de aquel día que él ajustaría la composición y en interin permitiesen que yo, dicho scrivano y más criados fuesemos con él por mar y pareciéndoles se efectuaría lo que se tratava por ellos asintieron en la salida». E así, fiándose do arteiro cura do Grove, os de San Vicente ceibaron ao Capitán de Valga, quen, doente, embarcou libre na Barcela rumbo ao Grove e, desde alí, sen acordar nada, fixo inmediatamente camiño a Santiago e interpuxo unha querela contra todos os veciños. Empezaba o calvario.